martes, 23 de octubre de 2018

Xornada sobre industrialización de productos con hardware libre

Dende o CNTG infórmannos desta xornada organizada polo Centro Demostrador TIC de Galicia sobre industrialización de produtos con hardware libre.

Aproveitar todo o coñecemento, plataformas, solucións e complementos de hardware libre co seu software libre asociado reduce enormemente os custes de enxeñaría e permite chegar ao mercado de contado con solucións innovadoras e produtivas. Para unha TIC ter produto propio con elementos hardware de seu, ábrelle as portas a infinidade de solucións específicas e exclusivas no mercado.

Para quen?

Entidades grandes e pequenas, mesmo autónomos e emprendedores con iniciativas baseadas en dispositivos electrónicos. 

Cando?

Martes 23 de outubro de 2018, de 16:30 a 19:00 horas.

Onde?

En Santiago de Compostela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario