martes, 23 de octubre de 2018

Install party de GNU/Linux na FIC a cargo de GPUL

Dende o GPUL infórmannos de que o próximo xoves día 25 de outubro van organizar dous obradoiros de instalación de GNU/Linux nos portátiles dos asistentes. O obradoiro está orientado a novos alumnos da Facultade de Informática.

As quendas serán:
  • 11:00-14:00
  • 16:00-19:00
Inscricións aquí.

Xornada sobre industrialización de productos con hardware libre

Dende o CNTG infórmannos desta xornada organizada polo Centro Demostrador TIC de Galicia sobre industrialización de produtos con hardware libre.

Aproveitar todo o coñecemento, plataformas, solucións e complementos de hardware libre co seu software libre asociado reduce enormemente os custes de enxeñaría e permite chegar ao mercado de contado con solucións innovadoras e produtivas. Para unha TIC ter produto propio con elementos hardware de seu, ábrelle as portas a infinidade de solucións específicas e exclusivas no mercado.

Para quen?

Entidades grandes e pequenas, mesmo autónomos e emprendedores con iniciativas baseadas en dispositivos electrónicos. 

Cando?

Martes 23 de outubro de 2018, de 16:30 a 19:00 horas.

Onde?

En Santiago de Compostela.

jueves, 18 de octubre de 2018

Proxecto Puding finalista no Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre 2018

Dende a Oficina de Coordinación de Solftware Libre (AMTEGA, Xunta de Galicia), veñen de comunicarnos que somos finalistas no Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre 2018.

Os finalistas son, por orde alfabética:

A final celebrarase tal que así:

Data e hora de celebración: venres 26 de outubro de 15:30 a 18:30
Lugar de celebración: Centro de Innovación Cultural de Galicia, Monte Gaiás s/n, 15781 Santiago de Compostela

Programa:

  • 15:30 Presentación de proxectos
    • 15:30 Proxecto Puding
    • 16:00 QAS
    • 16:30 RSS Radio
    • 17:00 Backstage
    • 17:30 Catenae
  • 18:00 Deliveración do Xurado
  • 18:30 Entrega de premio
Animámosvos a vir presenciar a final e facer un pouco de networking ó rematar!
 

Proxecto Puding presente nos Premios Emprende Cultura Gaiás Sixto Seco

Proxecto Puding está presente nos Premios Emprende Cultura Gaiás Sixto Seco.

Máis información:

https://codigocero.com/Os-premios-Sixto-Seco-a-innovacion-cultural-achegaran-3-000-euros-a-cada

lunes, 15 de octubre de 2018

Aberto o Call4Makers da OSHWDem

Dende a OSHWDem infórmannos de que xa está aberto o Call4Makers, evento que se celebrará no museo Domus da Coruña o 10 de novembro.

Dende Proxecto Puding gustaríanos anirmarvos a participar cos vosos propios proxectos.

Máis información aquí.

https://oshwdem.org/wp-content/uploads/2018/06/anuncio_dia_2018.png

jueves, 11 de octubre de 2018

CNTG: apertura do prazo de inscrición a curso práctico de Arduino

Para todos aqueles interesados en colaborar no proxecto, pero que precisan introducirse no mundo Arduino antes de nada, dende o CNTG comunícannos a publicación no seu portal web do curso práctico de Arduino que se realizará no devandito centro do 5 ao 29 de novembro de 2018:
  • Datas de inscrición: 11 – 21 de outubro
  • Proba de selección: 24 de outubro ás 16:30 horas
  • Horario: luns a xoves, de 16:30 a 20:30 horas
IMPORTANTE: este curso non se terá en conta aos efectos de cómputo de actividades realizadas na posible posible admisión en futuras actividades da programación 2018/2019.

Para consultar a ficha completa do curso e/ou se inscribir nel prema nesta ligazón do portal web do CNTG.

https://emprego.xunta.es/cntxes-pro/documents/10536/d695c1e4-e712-4121-9bf2-4aad00cdb0b8

miércoles, 10 de octubre de 2018

viernes, 5 de octubre de 2018

Proxecto Puding no Domingo das Mozas do San Froilán

Proxecto Puding estará presente no Domingo das Mozas do San Froilán, apoiando a nosa cultura e promocionando o proxecto, intentando acadar unha base de usuarios o máis ampla posible e intercambiando pareceres, tanto con artesáns coma con gaiteiros.

Máis información aquí:

http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=151464

jueves, 4 de octubre de 2018

Participación nos Coruña Hacks 2018/2019

Vimos de propoñer o Proxecto Puding nos Coruña Hacks 2018/2019 como idea de interese para os gaiteiros da cidade.

Máis información aquí:

https://corunahacks.gpul.org

https://forums.gpul.org/t/proxectos-coruna-hacks-2018-2019/522/10

Agardamos que participedes, senón con esta, con outra ideas.

miércoles, 3 de octubre de 2018

Aceptación de contribucións

Defendido o proxecto e acadados os obxectivos propostos, anunciamos que a partires deste momento se aceptan contribucións mediante pull request.