jueves, 11 de octubre de 2018

CNTG: apertura do prazo de inscrición a curso práctico de Arduino

Para todos aqueles interesados en colaborar no proxecto, pero que precisan introducirse no mundo Arduino antes de nada, dende o CNTG comunícannos a publicación no seu portal web do curso práctico de Arduino que se realizará no devandito centro do 5 ao 29 de novembro de 2018:
  • Datas de inscrición: 11 – 21 de outubro
  • Proba de selección: 24 de outubro ás 16:30 horas
  • Horario: luns a xoves, de 16:30 a 20:30 horas
IMPORTANTE: este curso non se terá en conta aos efectos de cómputo de actividades realizadas na posible posible admisión en futuras actividades da programación 2018/2019.

Para consultar a ficha completa do curso e/ou se inscribir nel prema nesta ligazón do portal web do CNTG.

https://emprego.xunta.es/cntxes-pro/documents/10536/d695c1e4-e712-4121-9bf2-4aad00cdb0b8

No hay comentarios:

Publicar un comentario