Esta fin de semana estaremos pola IV Foliada da Fonsagrada. Vémonos alí!
Máis información aquí.
jueves, 6 de diciembre de 2018
lunes, 26 de noviembre de 2018
Proxecto Puding gañador da VI edición dos Premios Emprende Cultura Gaiás - Sixto Seco
Proxecto Puding foi declarado gañador da VI edición dos Premios Emprende Cultura Gaiás - Sixto Seco, na modalidade de Aplicacións informáticas relacionadas co sector cultural e proxectos culturais na Internet.
Máis información aquí.
Máis información aquí.
miércoles, 14 de noviembre de 2018
Proxecto Puding finalista na VI Edición dos Premios Emprende Cultura Gaiás - Sixto Seco
Dende o Centro de Emprendemento (CEM) da Cidade da Cultura veñen de comunicarnos que somos finalistas na VI Edición dos Premios Emprende Cultura Gaiás - Sixto Seco, na modalidade de Aplicacións informáticas relacionadas co sector cultural e proxectos culturais na Internet.
Fomos seleccionados de entre unha vintena de participantes, sendo tres os finalistas de cada unha das dúas categorías existentes.
As tres mellores ideas de cada categoría están convocadas para mañá
xoves 15 de novembro. As exposicións darán comezo ás 17:15h na Sala de
Reunións (Pranta 2) do edificio Cinc (Centro de Innovación Cultural da
Cidade da Cultura).
O xurado dará a coñecer o nome do proxecto gañador de cada categoría na Gala de Entrega de Premios da VI Edición dos Premios Emprende Gaiás "Sixto-Seco", que terá lugar o vindeiro luns 19 ás 19:30h, na Sala de Congresos do citado edificio.
Fomos seleccionados de entre unha vintena de participantes, sendo tres os finalistas de cada unha das dúas categorías existentes.
As tres mellores ideas de cada categoría están convocadas para mañá
xoves 15 de novembro. As exposicións darán comezo ás 17:15h na Sala de
Reunións (Pranta 2) do edificio Cinc (Centro de Innovación Cultural da
Cidade da Cultura).
O xurado dará a coñecer o nome do proxecto gañador de cada categoría na Gala de Entrega de Premios da VI Edición dos Premios Emprende Gaiás "Sixto-Seco", que terá lugar o vindeiro luns 19 ás 19:30h, na Sala de Congresos do citado edificio.
lunes, 29 de octubre de 2018
martes, 23 de octubre de 2018
Install party de GNU/Linux na FIC a cargo de GPUL
Dende o GPUL infórmannos de que o próximo xoves día 25 de outubro van organizar dous obradoiros
de instalación de GNU/Linux nos portátiles dos
asistentes. O obradoiro está orientado a novos alumnos da Facultade de Informática.
As quendas serán:
As quendas serán:
- 11:00-14:00
- 16:00-19:00
Xornada sobre industrialización de productos con hardware libre
Dende o CNTG infórmannos desta xornada organizada polo Centro Demostrador TIC de
Galicia sobre industrialización de produtos con hardware libre.
Aproveitar
todo o coñecemento, plataformas, solucións
e complementos de hardware libre co seu software libre asociado reduce
enormemente os custes de enxeñaría e permite chegar ao mercado de
contado con solucións innovadoras e produtivas. Para unha TIC ter
produto propio con elementos hardware de seu, ábrelle
as portas a infinidade de solucións específicas e exclusivas no
mercado.
Para quen?
Entidades grandes e pequenas, mesmo autónomos
e emprendedores con iniciativas baseadas en dispositivos electrónicos.
Cando?
Martes 23 de outubro de 2018, de 16:30 a 19:00
horas.
Onde?
En Santiago de Compostela.
jueves, 18 de octubre de 2018
Proxecto Puding finalista no Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre 2018
Dende a Oficina de Coordinación de Solftware Libre (AMTEGA, Xunta de Galicia), veñen de comunicarnos que somos finalistas no Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre 2018.
Os finalistas son, por orde alfabética:
Data e hora de celebración: venres 26 de outubro de 15:30 a 18:30
Lugar de celebración: Centro de Innovación Cultural de Galicia, Monte Gaiás s/n, 15781 Santiago de Compostela
Programa:
Os finalistas son, por orde alfabética:
- Proxecto Puding (Alejo Pacín)
- QAS (Brais Arias)
- RSS Radio (Fernando Liñares)
- Backstage (Paloma Piot)
- Catenae (Rodrigo Martínez)
Data e hora de celebración: venres 26 de outubro de 15:30 a 18:30
Lugar de celebración: Centro de Innovación Cultural de Galicia, Monte Gaiás s/n, 15781 Santiago de Compostela
Programa:
- 15:30 Presentación de proxectos
- 18:00 Deliveración do Xurado
- 18:30 Entrega de premio
Proxecto Puding presente nos Premios Emprende Cultura Gaiás Sixto Seco
Proxecto Puding está presente nos Premios Emprende Cultura Gaiás Sixto Seco.
Máis información:
https://codigocero.com/Os-premios-Sixto-Seco-a-innovacion-cultural-achegaran-3-000-euros-a-cada
Máis información:
https://codigocero.com/Os-premios-Sixto-Seco-a-innovacion-cultural-achegaran-3-000-euros-a-cada
lunes, 15 de octubre de 2018
Aberto o Call4Makers da OSHWDem
Dende a OSHWDem infórmannos de que xa está aberto o Call4Makers, evento que se celebrará no museo Domus da Coruña o 10 de novembro.
Dende Proxecto Puding gustaríanos anirmarvos a participar cos vosos propios proxectos.
Máis información aquí.
Dende Proxecto Puding gustaríanos anirmarvos a participar cos vosos propios proxectos.
Máis información aquí.
jueves, 11 de octubre de 2018
CNTG: apertura do prazo de inscrición a curso práctico de Arduino
Para todos aqueles interesados en colaborar no proxecto, pero que precisan introducirse no mundo Arduino antes de nada, dende o CNTG comunícannos a publicación no seu portal web do curso práctico de Arduino
que se realizará no devandito centro do 5 ao 29 de novembro de 2018:
- Datas de inscrición: 11 – 21 de outubro
- Proba de selección: 24 de outubro ás 16:30 horas
- Horario: luns a xoves, de 16:30 a 20:30 horas
IMPORTANTE: este curso non se terá en conta aos efectos de cómputo de
actividades realizadas na posible posible admisión en futuras actividades da programación 2018/2019.
Para consultar a ficha completa do curso e/ou se inscribir nel prema nesta
ligazón do portal web do CNTG.
miércoles, 10 de octubre de 2018
Proxecto Puding presente no Pasabodeghas de San Miguel de Sarandón (Vedra)
Este 27 de outubro estaremos promocionando o proxecto no Pasabodeghas de San Miguel de Sarandón (Vedra).
Máis información aquí.
Máis información aquí.
sábado, 6 de octubre de 2018
Proxecto Puding presente no Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre 2018
Proxecto Puding estará presente no Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre 2018.
Máis información:
https://www.mancomun.gal/premiopfc/presentacion
https://forxa.mancomun.org/projects/proxecto-puding
Máis información:
https://www.mancomun.gal/premiopfc/presentacion
https://forxa.mancomun.org/projects/proxecto-puding
viernes, 5 de octubre de 2018
Proxecto Puding no Domingo das Mozas do San Froilán
Proxecto Puding estará presente no Domingo das Mozas do San Froilán, apoiando a nosa cultura e promocionando o proxecto, intentando acadar unha base de usuarios o máis ampla posible e intercambiando pareceres, tanto con artesáns coma con gaiteiros.
Máis información aquí:
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=151464
Máis información aquí:
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=151464
jueves, 4 de octubre de 2018
Participación nos Coruña Hacks 2018/2019
Vimos de propoñer o Proxecto Puding nos Coruña Hacks 2018/2019 como idea de interese para os gaiteiros da cidade.
Máis información aquí:
https://corunahacks.gpul.org
https://forums.gpul.org/t/proxectos-coruna-hacks-2018-2019/522/10
Agardamos que participedes, senón con esta, con outra ideas.
Máis información aquí:
https://corunahacks.gpul.org
https://forums.gpul.org/t/proxectos-coruna-hacks-2018-2019/522/10
Agardamos que participedes, senón con esta, con outra ideas.
miércoles, 3 de octubre de 2018
Aceptación de contribucións
Defendido o proxecto e acadados os obxectivos propostos, anunciamos que a partires deste momento se aceptan contribucións mediante pull request.
martes, 2 de octubre de 2018
Proxecto fin de carreira: calificación
Defendido o proxecto en data e hora, acadouse un sobresaliente (9).
martes, 25 de septiembre de 2018
Defensa do Proxecto Fin de Carreira: anuncio
A defensa do Proxecto Fin de Carreira terá lugar o 27 de setembro de
2018 ás 12:00 horas na Aula de Graos da Facultade de Informática da
Universidade da Coruña. Agardámosvos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)