lunes, 25 de febrero de 2019

Publícanse novos detalles sobre MIDI 2.0

Na sesión de prototipado de MIDI 2.0 celebrada durante a Winter NAMM 2019 hai escasos días, fixéronse demostracións dunhas cantas funcionalidades novas de MIDI 2.0.

Houbo máis de 100.000 persoas visitando a web de MIDI.org para consultar información sobre MIDI 2.0.

E logo de monitorear os comentarios en múltiples sitios web, decidiron publicar información máis detallada sobre o protocolo.









¿Precisarán os dispositivos MIDI 2.0 dun novo cable ou conector?

Non, MIDI 2.0 é un protocolo de transporte agnóstico.

MIDI 2.0 non é máis ca un conxunto de mensaxes que non están atados a ningún tipo particular de cable ou conector.

Xa era así dende MIDI 1.0. Actualmente xa pode funcionar sobre conectores DIN de 5 pins, portos serie, ethernet, USB, etc.


 

¿Pode MIDI 2.0 funcionar sobre todos estes cables e conectores agora mesmo?

Non, precísanse novas especificacións para cada método de transporte.

Existe un Formato de Paquete Universal que será común a todos os transportes modernos que fará que escribir ditas especificacións sexa moito máis rápido.

O novo formato soporta tanto mensaxes MIDI 1.0 coma 2.0.

O transporte MIDI máis popular hoxe en día é USB. A marioría dos dispositivos MIDI conéctanse a un ordenador por USB. Polo que USB será o primeiro transporte para o que se definirán novas especificacións.
 


¿Contará MIDI 2.0 cunha sincronización máis precisa?

Si e aplicarase tanto para MIDI 1.0 como para MIDI 2.0.

Será a través dunha nova mensaxe chamada Jitter Timestamp.




¿Contará MIDI 2.0 con máis resolución?

Si. As mensaxes MIDI 1.0 son normalmente de 7 bits. En MIDI 2.0 será de 16 bits.

 




¿Será posible contar en MIDI 2.0 con control microtonal e diferentes escalas non occidentais?

Si, MIDI 2.0 permite control do pitch sobre notas individuais.














 

No hay comentarios:

Publicar un comentario