lunes, 25 de febrero de 2019

Publícanse novos detalles sobre MIDI 2.0

Na sesión de prototipado de MIDI 2.0 celebrada durante a Winter NAMM 2019 hai escasos días, fixéronse demostracións dunhas cantas funcionalidades novas de MIDI 2.0.

Houbo máis de 100.000 persoas visitando a web de MIDI.org para consultar información sobre MIDI 2.0.

E logo de monitorear os comentarios en múltiples sitios web, decidiron publicar información máis detallada sobre o protocolo.









¿Precisarán os dispositivos MIDI 2.0 dun novo cable ou conector?

Non, MIDI 2.0 é un protocolo de transporte agnóstico.

MIDI 2.0 non é máis ca un conxunto de mensaxes que non están atados a ningún tipo particular de cable ou conector.

Xa era así dende MIDI 1.0. Actualmente xa pode funcionar sobre conectores DIN de 5 pins, portos serie, ethernet, USB, etc.


 

¿Pode MIDI 2.0 funcionar sobre todos estes cables e conectores agora mesmo?

Non, precísanse novas especificacións para cada método de transporte.

Existe un Formato de Paquete Universal que será común a todos os transportes modernos que fará que escribir ditas especificacións sexa moito máis rápido.

O novo formato soporta tanto mensaxes MIDI 1.0 coma 2.0.

O transporte MIDI máis popular hoxe en día é USB. A marioría dos dispositivos MIDI conéctanse a un ordenador por USB. Polo que USB será o primeiro transporte para o que se definirán novas especificacións.
 


¿Contará MIDI 2.0 cunha sincronización máis precisa?

Si e aplicarase tanto para MIDI 1.0 como para MIDI 2.0.

Será a través dunha nova mensaxe chamada Jitter Timestamp.




¿Contará MIDI 2.0 con máis resolución?

Si. As mensaxes MIDI 1.0 son normalmente de 7 bits. En MIDI 2.0 será de 16 bits.

 




¿Será posible contar en MIDI 2.0 con control microtonal e diferentes escalas non occidentais?

Si, MIDI 2.0 permite control do pitch sobre notas individuais.














 

Cultura solicita á Xustiza permiso para intervir a SGAE

Vimos de coñecer que o Ministerio de Cultura vén de solicitar á Xustiza o pertinente permiso para intervir a SGAE.

Logo de exabruptos como o acontencido hai uns días, entre outros moitos, tanto da actual como de anteriores directivas, como músicos profesionais e compositores sentimos vergoña de que o noso colectivo sexa representado pola SGAE.

É triste ver como directiva tras directiva o único que fan é saír na prensa por (presuntamente) caciquear e meter a man no cazo en beneficio propio ou dos catro amigos de sempre.

¡A nós non nos representan! 

viernes, 25 de enero de 2019

Amazon entra a formar parte do consello da Zigbee Alliance

Nun xiro inesperado dos acontecementos, Amazon decide entrar a formar parte do consello da Zigbee Alliance para potenciar esta tecnoloxía e aplicala nos seus productos de domótica, fortalecendo tamén a aqueles outros productos que, coma o Proxecto Ṕuding, precisan de baixo consumo e tempo de resposta e de longo alcance.

jueves, 24 de enero de 2019

Reparar sintentizadores MIDI antigos

Como non todo vai ser "mercar, tirar, mercar", hoxe traemos outra nova sobre como reparar antigos sintetizadores MIDI que en moitos casos son de mellor calidade e funcionan moito mellor que moitos dos actuais, aínda que teñan un aspecto retro.

Lembrade, ¡reciclar é importante!


Sintetizadores MIDI dos 80

Nova de hoxe sobre sintetizadores MIDI dos 80. Moi interesante.



miércoles, 23 de enero de 2019

Colabora co XIII Concurso Universitario de Software Libre

A organización do Concurso Universitario de Software Libre está formada por estudantes e docentes universitarios.

Precisan da túa colaboración, a do teu grupo de usuarios ou da Oficina de Software Libre da túa Universidade.

Podes ver quén colabora co XIII Concurso Universitario de Software Libre na sección de colaboradores. Tamén podes consultar a lista de patrocinadores na sección de patrocinios.

Máis información aquí.

martes, 22 de enero de 2019

Premiado o curso en liña da UDC sobre educación musical e software libre

O primeiro curso en liña da UDC sobre educación musical e software libre que leva por nome "Música para o S. XXI: achegas do software libre á educación musical" vén de ser recoñecido co Premio Miríadax á Innovación Educativa.

Dende aquí, os nosos parabéns.

Máis información aquí.

lunes, 21 de enero de 2019

Publicado o primeiro borrador de MIDI 2.0

A MIDI Manufacturers Association (MMA) e a Association of Music Electronics Industry (AMEI) veñen de anunciar conxutanmente a publicación do primeiro borrador da especificación do protocolo MIDI 2.0, logo de 36 anos dende a publicación da primeira versión.

Toda a información sobre o mesmo pode atoparse no comunidado oficial.

¡Longa vida a MIDI 2.0!