lunes, 26 de noviembre de 2018

Proxecto Puding gañador da VI edición dos Premios Emprende Cultura Gaiás - Sixto Seco

Proxecto Puding foi declarado gañador da VI edición dos Premios Emprende Cultura Gaiás - Sixto Seco, na modalidade de Aplicacións informáticas relacionadas co sector cultural e proxectos culturais na Internet.

Máis información aquí.

miércoles, 14 de noviembre de 2018

Proxecto Puding finalista na VI Edición dos Premios Emprende Cultura Gaiás - Sixto Seco

Dende o Centro de Emprendemento (CEM) da Cidade da Cultura veñen de comunicarnos que somos finalistas na VI Edición dos Premios Emprende Cultura Gaiás - Sixto Seco, na modalidade de Aplicacións informáticas relacionadas co sector cultural e proxectos culturais na Internet.

Fomos seleccionados de entre unha vintena de participantes, sendo tres os finalistas de cada unha das dúas categorías existentes.

As tres mellores ideas de cada categoría están convocadas para mañá
xoves 15 de novembro. As exposicións darán comezo ás 17:15h na Sala de
Reunións (Pranta 2)
do edificio Cinc (Centro de Innovación Cultural da
Cidade da Cultura)
.

O xurado dará a coñecer o nome do proxecto gañador de cada categoría na Gala de Entrega de Premios da VI Edición dos Premios Emprende Gaiás "Sixto-Seco", que terá lugar o vindeiro luns 19 ás 19:30h, na Sala de Congresos do citado edificio.