lunes, 16 de septiembre de 2019

Proxecto Puding entrevistado no podcast de Mancomún

Esta mesma tarde seremos entrevistados polo podcast de Mancomún, como gañadores da última edición do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre, onde falaremos da nosa experiencia durante o mesmo. Agardamos que vos guste.

Proxecto Puding no programa "Feito con cabeza" da TVG dispoñible na web

Xa está dispoñible na web da TVG (min. 33:40) a entrevista que nos fixeron para o programa "Feito con cabeza", onde falamos do funcionamento do noso proxecto en fases temperás, posto que foi gravado xa tempo atrás. Agardamos que sexa do voso agrado.

PD: tamén se pode ver durante as reposicións do programa na propia canle.

martes, 2 de julio de 2019

miércoles, 26 de junio de 2019

Proxecto Puding finalista no X Premio Proxecto Fin de Carreira/ Mestrado en Enxeñaría Informática do CPEIG

Proxecto Puding vén de ser nomeado finalista no "X Premio Proxecto Fin de Carreira/ Mestrado en Enxeñaría Informática" organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), no marco dos seus premios anuais da “XI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia”.

viernes, 31 de mayo de 2019

Proxecto Puding na emisión do 1 de xuño do programa "Feito con cabeza" da TVG

Este sábado 1 de xuño, ás 11:00 horas, emitirase unha pequena entrevista no programa "Feito con cabeza" da TVG, onde falaremos do funcionamento do noso proxecto en fases temperás, posto que foi gravado xa tempo atrás. Agardamos que sexa do voso agrado.

Actualización:

Parece que a información que nos remitiron non era correcta e se manterá o horario anterior de emisión, ás 19:10 horas, cunha duración de 20 minutos.

lunes, 25 de febrero de 2019

Publícanse novos detalles sobre MIDI 2.0

Na sesión de prototipado de MIDI 2.0 celebrada durante a Winter NAMM 2019 hai escasos días, fixéronse demostracións dunhas cantas funcionalidades novas de MIDI 2.0.

Houbo máis de 100.000 persoas visitando a web de MIDI.org para consultar información sobre MIDI 2.0.

E logo de monitorear os comentarios en múltiples sitios web, decidiron publicar información máis detallada sobre o protocolo.









¿Precisarán os dispositivos MIDI 2.0 dun novo cable ou conector?

Non, MIDI 2.0 é un protocolo de transporte agnóstico.

MIDI 2.0 non é máis ca un conxunto de mensaxes que non están atados a ningún tipo particular de cable ou conector.

Xa era así dende MIDI 1.0. Actualmente xa pode funcionar sobre conectores DIN de 5 pins, portos serie, ethernet, USB, etc.


 

¿Pode MIDI 2.0 funcionar sobre todos estes cables e conectores agora mesmo?

Non, precísanse novas especificacións para cada método de transporte.

Existe un Formato de Paquete Universal que será común a todos os transportes modernos que fará que escribir ditas especificacións sexa moito máis rápido.

O novo formato soporta tanto mensaxes MIDI 1.0 coma 2.0.

O transporte MIDI máis popular hoxe en día é USB. A marioría dos dispositivos MIDI conéctanse a un ordenador por USB. Polo que USB será o primeiro transporte para o que se definirán novas especificacións.
 


¿Contará MIDI 2.0 cunha sincronización máis precisa?

Si e aplicarase tanto para MIDI 1.0 como para MIDI 2.0.

Será a través dunha nova mensaxe chamada Jitter Timestamp.




¿Contará MIDI 2.0 con máis resolución?

Si. As mensaxes MIDI 1.0 son normalmente de 7 bits. En MIDI 2.0 será de 16 bits.

 




¿Será posible contar en MIDI 2.0 con control microtonal e diferentes escalas non occidentais?

Si, MIDI 2.0 permite control do pitch sobre notas individuais.














 

Cultura solicita á Xustiza permiso para intervir a SGAE

Vimos de coñecer que o Ministerio de Cultura vén de solicitar á Xustiza o pertinente permiso para intervir a SGAE.

Logo de exabruptos como o acontencido hai uns días, entre outros moitos, tanto da actual como de anteriores directivas, como músicos profesionais e compositores sentimos vergoña de que o noso colectivo sexa representado pola SGAE.

É triste ver como directiva tras directiva o único que fan é saír na prensa por (presuntamente) caciquear e meter a man no cazo en beneficio propio ou dos catro amigos de sempre.

¡A nós non nos representan!