lunes, 15 de octubre de 2018

Aberto o Call4Makers da OSHWDem

Dende a OSHWDem infórmannos de que xa está aberto o Call4Makers, evento que se celebrará no museo Domus da Coruña o 10 de novembro.

Dende Proxecto Puding gustaríanos anirmarvos a participar cos vosos propios proxectos.

Máis información aquí.

https://oshwdem.org/wp-content/uploads/2018/06/anuncio_dia_2018.png

jueves, 11 de octubre de 2018

CNTG: apertura do prazo de inscrición a curso práctico de Arduino

Para todos aqueles interesados en colaborar no proxecto, pero que precisan introducirse no mundo Arduino antes de nada, dende o CNTG comunícannos a publicación no seu portal web do curso práctico de Arduino que se realizará no devandito centro do 5 ao 29 de novembro de 2018:
  • Datas de inscrición: 11 – 21 de outubro
  • Proba de selección: 24 de outubro ás 16:30 horas
  • Horario: luns a xoves, de 16:30 a 20:30 horas
IMPORTANTE: este curso non se terá en conta aos efectos de cómputo de actividades realizadas na posible posible admisión en futuras actividades da programación 2018/2019.

Para consultar a ficha completa do curso e/ou se inscribir nel prema nesta ligazón do portal web do CNTG.

https://emprego.xunta.es/cntxes-pro/documents/10536/d695c1e4-e712-4121-9bf2-4aad00cdb0b8

miércoles, 10 de octubre de 2018

viernes, 5 de octubre de 2018

Proxecto Puding no Domingo das Mozas do San Froilán

Proxecto Puding estará presente no Domingo das Mozas do San Froilán, apoiando a nosa cultura e promocionando o proxecto, intentando acadar unha base de usuarios o máis ampla posible e intercambiando pareceres, tanto con artesáns coma con gaiteiros.

Máis información aquí:

http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=151464

jueves, 4 de octubre de 2018

Participación nos Coruña Hacks 2018/2019

Vimos de propoñer o Proxecto Puding nos Coruña Hacks 2018/2019 como idea de interese para os gaiteiros da cidade.

Máis información aquí:

https://corunahacks.gpul.org

https://forums.gpul.org/t/proxectos-coruna-hacks-2018-2019/522/10

Agardamos que participedes, senón con esta, con outra ideas.

miércoles, 3 de octubre de 2018

Aceptación de contribucións

Defendido o proxecto e acadados os obxectivos propostos, anunciamos que a partires deste momento se aceptan contribucións mediante pull request.